Rexeneración Urbana
Actuaremos en Avenida de Exército e Marina, Rúa Lameira, Rúa da Ponte, Méndez Núñez, no entorno do Mercado de Abastos… reequilibrando o espazo urbano para que poidan convivir mellor os peóns co tráfico rodado, creando rúas e prazas máis pensadas para a veciñanza.
Virxe do Carme, San Pedro, A Cañota, Cantodarea… Os barrios de Marín forman parte da nosa identidade e seguen sendo espazos urbanos moi poboados. Queremos melloralos, traballando en proxectos que permitan a súa renovación urbanística e de servizos.
Trataremos de fomentar a inversión privada na nosa vila para que se impulsen proxectos de promoción inmobiliaria, creando sinerxias co sector constructivo a través de mesas de traballo e de posta en valor dos solares dispoñibles para a creación de vivenda nova no centro urbano.